Na gastronomía de Pontedeume reflíctese cal é a ubicación desta vila, entre o río e a súa unión co mar que pode observarse coa actividade que ten lugar diariamente no peirao e os seus barcos de pesca.
Das súas capturas orixináronse os coñecidos bistés da marola (sardiñas lañadas que se afumaban e ían acompañadas de pataca cocida) ou no coñecido Estuario do Eume, lugar onde se mantén o marisqueo de maneira tradicional respectando o medio natural e de onde proceden determinadas especies como a almeixa fina, babosa e xaponesa ademáis de berberecho e ostras.
Unha gastronomía variada onde se poden atopar os mellores produtos da horta, un peixe e marisco de calidade e unha repostería cus orixes que se remontan á época medieval.
Sen esquecer ás explotacións gandeiras de concellos cercanos onde as súas variedades de carne son recoñecidas pola súa calidade.
Materia Prima
PRODUTOS De
terra e mar
