O mercado

A praza do Conde

un pouco
de historia

O Mercado Municipal de Pontedeume está situado na Praza do Conde, denominación que se remonta ata don Fernando de Andrade, primeiro conde de Andrade no século XVI, aínda que tamén contou con outros nomes como o da “República” ou de “A Súa Excelencia”.

Antes do mercado...

O PAZO
DOS ANDRADE

Arredor deste espazo a familia dos Andrade, señores da vila desde 1371, construíron as principais edificación da vila, destacando unha por riba de todas: A Casa-Pazo.

Esta construción, que chegou a ter unha superficie duns 1250 m2, ocupou gran parte do espazo da actual praza desde finais do século XIV ata os anos 30 do século XX.

A pesares de manterse como propiedade dos sucesivos condes que a visitaron esporádicamente e era habitada polos seus administradores, o seu estado foi esmorecendo paseniño. Esta circunstancia e os planes que contemplaba a administración local para co espazo da Praza do Conde conlevaron a súa definitiva desaparición en 1936.

A desaparición do pazo deixou un grande espazo público dispoñible.

Xa desde os anos vinte estaba en mente dos rexedores a idea de construír un mercado municipal, precisamente nunha praza na que xa se viñan celebrando feiras de gando vacún e porcino os domingos.

En 1935, o proxecto de urbanización da praza xa contemplaba a construción deste mercado, pero a Guerra Civil e posteriores dificultades de Posguerra alongaron o inicio do proxecto ata 1951.

As obras foron adxudicadas ao arquitecto Antonio Tenreiro en 1952, ano no que comezaron as obras. Non se sabe exactamente cando rematou a edificación, mais si que no 1960 se realizou a ordenación do mercado. A súa parte sur foi ampliada en 1984.

Unha nova praza...

CONSTRUCIÓN
DO MERCADO

Pasado Medieval

pontedeume
histórico

Un enclave privilexiado, herdeiro do antigo Pazo dos Andrade, que nos aproxima á historia medieval da vila de Pontedeume, atopando a escasos metros o Torreón dos Andrade (Oficina de Turismo) e outros edificios e monumentos de gran valor histórico como a Cátedra da Latinidade (actual Biblioteca Pública Municipal “Poeta Ramiro Fonte”), o Pazo do Arcebispo Rajoy, o Convento dos Agostiños, a Igrexa das Virtudes ou a ponte de pedra.

Entorno natural

AS FRAGAS
DO EUME

O estuario de Esteiro e o porto de Pontedeume forman a desembocadura do río Eume despois do seu curso polas Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribera mellor conservados de Europa.

Toda unha invitación e motivo para achegarse a Pontedeume e coñecer a calidade dos seus produtos locais, a importancia do seu pasado histórico e a beleza do seu entorno natural.

Unha nova Era

O novo
Mercado Municipal

O novo Mercado Municipal de Pontedeume é a unión perfecta entre a súa historia que comeza coa súa construción no ano 1952, a súa recente rehabilitación, ampliación e modernización, e a oferta actual de produtos locais, gastronómicos e servizos.

Modernidade

UN MERCADO RENOVADO

O novo mercado é toda unha experiencia na que poderás achegarte á calidade dos produtos locais grazas a profesionalidade das súas praceiras e praceiros.

Establecementos onde poderás atopar unha gran variedade de produtos saúdables que respetan todas as directrices de produto de cercanía, sostenibilidade e km0.

Un mercado moderno e innovador, adaptado aos tempos actuais, e dirixido a todo tipo de clientes.

Un mercado cun gran futuro e con moita historia.

Mercado Municipal Pontedeume
Mercado Municipal Pontedeume
Mercado Municipal Pontedeume

O novo Mercado Municipal de Pontedeume iniciou a súa andadura o 8 de xaneiro de 2021, despois da execución dun ambicioso proxecto de ampliación, rehabilitación e humanización para dotalo dos mellores servizos.

Un espazo vivo, nunha ubicación privilexiada no casco histórico de Pontedeume, que o convirte en todo un escaparate da calidade dos produtos e gastronomía local e no que destaca a profesionalidade e confianza dos seus establecementos.

TRES ZONAS
DIFERENCIADAS

icono histórica mercado municipal pontedeume

PARTE HISTÓRICA

Establecementos e queixerías, panaderías, froiterías, floristerías, chacinerías e produto ecolóxico.

icono parte nueva mercado municipal pontedeume

PARTE NOVA

Establecementos de gastro-bar, peixerías e carnicerías.

icono soportales mercado municipal pontedeume

SOPORTAIS

Mercado de Horta. Lugar de venda de produtos agrícolas de pequenos produtores.

Plano Postos Mercado Municipal Pontedeume
Plano Postos Mercado Municipal Pontedeume