Panadería Patricio

POSTO nº 11

Descripción

Panadería familiar onde as súas orixes remóntanse aos muíños de Xarío no ano 1913.

Caracterizados polos seus procesos produtivos e a aplicación de novas tecnoloxía aplicadas nos seus procesos de elaboración artesáns.

Utilización de fariña galega ecolóxica (fariña de O Muiño de Cuiña), moído en pedra ao estilo tradicional, sen aditivos e 100% natural ademais de masa nai.

A súa oferta conta con diferentes variedades de pan como pan de espelta, integrais, de centeo, de cervexa, mainzo, tomate seco e semillas.

Tamén son coñecidas as súas empanadas, elaboradas con ingredientes de primera calidade, como a empanada de atún blanco, bacalao, bacalao e pasas, zamburiñas, berberechos, raxos, polo, polo con champiñón, rixós con queixo e vexetais.

Sen esquecer os seus doces, onde se atopan doces típicos eumeses, como a “proia”, amendoados, melindres e manguito, ademáis de larpeiras, bica, bizcochada, bola de nata, milfollas, roscóns, bizcochos, tartas de mazá, de cabelo de anxo, amendoas, rosquillas, polvoróns, magdalenas, croissants, etc. sempre elaborados diariamente e de maneira artesanal.

Galería de fotos

Etiquetas

Plano Postos Mercado Municipal Pontedeume

Servizos principais

Reservas previas

Pago con tarxeta

Servizo a domicilio